UN ESQUELETE, UN BARRIO BLINDADO E O G20
with 1 comentario

O pasado 29 de Outubro aterramos en Roma, no campamento habilitado para activistas no centro social Acrovax, para participar nas accións de resposta social do Cumio do G20 que se celebrou do 30 ao 31 de Outubro na capital italiana. O Cumio do G20, que se celebrou a porta pechada reuniu unha vez máis axs líderes das principais potencias económicas do globo, para discutir asuntos de carácter económico e político nunha Roma blindada que dificultou a nosa chegada á “cidade … Ler máis

PERÚ LIBRE DE FUJIMORIS
with Non hai comentarios

O pasado 6 de Xuño  tivo lugar a segunda volta das eleccións presidenciais de Perú, onde o candidato de Perú Libre, Pedro Castillo, triunfou convertíndose deste xeito no novo presidente do país Andino fronte á ultradereitista  Keiko  Fujimori. Keiko  Fujimori vendo que a vitoria escapábaselle por unha marxe moi axustada, puxo en tensión o proceso electoral ao pedir a anulación duns 200.000 sufraxios en rexións onde Pedro Castillo conta cun nivel moi alto de apoio. Solicitou ao Xurado Nacional de … Ler máis

GOLPE XUDICIAL NO SALVADOR
with 1 comentario

O goberno do presidente Nayib Bukele de O Salvador conseguiu a aprobación no congreso o pasado 31 de Agosto e publicou no Diario Oficial o 14 de setembro unha polémica reforma á Lei da Carreira Xudicial1. Dita norma pretende, segundo palabras do presidente, “depurar o Órgano Xudicial e sacar aos corruptos”. Sen embargo, o texto da lei inclúe, entre outros puntos, a xubilación de maxistradxs con máis de 60 anos de idade ou 30 anos de exercicio, sen especificar en … Ler máis

CRISE POLÍTICA EN ISRAEL: SEN NOTICIAS PARA PALESTINA
with Non hai comentarios

Tras doce anos de goberno,  Benjamín  Netanyahu deixou de ser primeiro ministro de Israel1. O Parlamento aprobou a formación dun novo goberno co conservador  Naftali  Bennett por 60 votos a favor e 59 en contra. Este cambio supón o final de dous anos de crise política con dúas eleccións para as que  Netanyahu non puido obter o apoio suficiente para formar goberno e unha terceira que levou a un goberno errado de coalición. Un cambio de goberno que, con todo, … Ler máis

MARROCOS DE XENDARME A CHANTAXISTA
with 1 comentario

O pasado mes de abril,  Brahim  Gali, presidente da República Árabe Saharauí Democrática, foi hospitalizado en España1. Isto ocasionou unha crise política entre Marrocos e España, posto que o  rexime marroquí sentiu que os seus intereses estratéxicos eran atacados ao ofrecer asistencia médica ao líder do Fronte Polisario, con quen renovaron as hostilidades o pasado ano. A pesar dos esforzos de Marrocos de  disociar a España da UE, o certo é que a Unión Europea apoiou ao estado español na … Ler máis

AFGANISTÁN: E AGORA QUÉ?
with Non hai comentarios

O 29 de Febreiro de 2020 o Goberno de Estados Unidos asinou co  Talibán o acordo de  Doha1,co presunto obxectivo de levar a paz a  Afganistán. O  Talibán finalmente non respectou a totalidade do devandito acordo, facendo  fuxir ao anterior goberno afgán e tomando o poder absoluto no país asiático. Despois da vergoñosa fuxida, como a de Saigón na década dos 70, protagonizada polas potencias occidentais, queda patente o medo desatado na poboación afgá que a impulsa a fuxir aterrorizada por … Ler máis

O PRESIDENTE SAIED DE TUNISIA ACUSADO DE DAR UN “GOLPE SUAVE”
with 2 Comentarios

O pasado mes de abril o presidente tunisiano Kais Saied foi acusado por varios partidos da oposición de dar un “golpe suave”1 despois de afirmar que as forzas armadas e a policía estaban baixo as súas ordes, algo que vai contra a orde legal pois en Tunisia o xefe das forzas de seguridade internas é o Primeiro Ministro, cargo que ocupa actualmente Hichem Mechichi. De acordo con algúns/has observadorxs, Saied está a usar interpretacións constitucionais para aumentar o seu poder … Ler máis

COLOMBIA: UNHA CUSTOSA VITORIA
with 1 comentario

Tras a semana de Paro Nacional do 28 de abril1 contra a reforma tributaria do presidente Iván Duque en Colombia, mobilización que foi duramente reprimida polas forzas policiais, o goberno finalmente  claudicou e retirou o proxecto de lei. Nun comunicado emitido pola televisión o domingo 2 de Maio, o presidente de Colombia Iván Duque dixo: “Solicítolle ao Congreso da República a retirada do proxecto establecido polo Ministerio de Facenda e a tramitación de maneira urxente dun novo proxecto froito dos … Ler máis

A 10 ANOS DA PRIMAVERA ÁRABE
with 2 Comentarios

O pasado 15 de Maio cumpríronse 10 anos desde que a cidadanía descontenta coas políticas  de austeridade saíu ás rúas para dicir basta1. Daquel movemento non queda grande cousa pero marcou un antes e un despois na vida política e social do estado español. Este movemento desenvolveuse nun contexto xeral de contestación coa Primavera Árabe en África e Oriente Próximo ou o movemento  Occupy en Ámerica do Norte. Aquel ciclo comezou coa desesperación do pobo tunisiano, sumido nun réxime corrupto … Ler máis

A CRISE DOS CHIPS
with Non hai comentarios

O desenvolvemento tecnolóxico das últimas décadas trouxo consigo novos bens estratéxicos que non fai tanto eran inexistentes. A bens como o petróleo, o armamento, os fármacos ou as infraestruturas1, engadiríase agora a industria dos  semiconductores e a fabricación de chips. Por que é tan importante esta nova industria a nivel  xeopolítico e económico, e cal é o seu papel na guerra tecnolóxica entre China e Estados Unidos? Para entender a súa importancia hai que explicar algunhas características dos  semiconductores. Un  … Ler máis

1 2 3 4 5 14